Febre polo BTT en Barro
Por Redacción & Cristina Saiz
Positiva estrea do I BTT Camiños de Barro, celebrada este domingo 17 de decembro con saída e chegada na contorna do Pazo da Crega, en San Antoniño.
Un bo número de afeccionados ao ciclismo déronse cita na proba popular desafiando ao frío e con ganas de pasar unha agradable xornada deportiva e de gozar dos montes da comarca.
Organizada por Club Ciclista Ribadumia e o Concello de Barro, o I BTT Camiños de Barro contou coa opción de completar 32 quilómetros cun desnivel acumulado de 800 metros ou 40 quilómetros con 1.200 metros de desnivel positivo.
Como atractivo á xornada para os participantes, un tramo de subida de 600 metros ao Monte Acibal coñecido como 'O inferno de Perdecanai', ao 16% de desnivel, foi cronometrado con recompensas para os mellores tempos.