Valioso triunfo do Arosa fronte á UD Ourense en Vilaxoán (1-0)
Por Redacción
O Arosa recobra impulso coa importante vitoria conseguida este sábado fronte a un rival directo polos postos de play-off, a UD Ourense (1-0).
O conxunto arlequinado deixa así atrás dúas semanas sen gañar e volve a achegase á zona nobre, tras un partido que lle custou pechar e no que chegou a fallar dúas penas máximas.
Comezaron con forza os pupilos de Luisito no campo de Vilaxoán, onde se disputou o partido para preservar o céspede da Lomba para o duelo de Copa do Rei contra o Valencia, e aos 7 minutos tivo a primeira gran ocasión para adiantarse no marcador. Borja Míguez con todo non logrou bater a Álex Cobo desde o punto de penalti.
Por fortuna para o Arosa pouco despois chegaría o gol de Santi Figueroa, aos 18 minutos, que facía xustiza á ambición local.
Co marcador a favor, os de Vilagarcía buscaban facer dano á contra, estando preto de ampliar a súa vantaxe. Non o logrou e ao descanso chegouse cun escaso 1-0.
O Ourense chegaba con vida ao intermedio, e deu un paso á fronte ao comezo da segunda metade obrigando a replegarse ao Arosa. Tocaba defenderse e tentar golpear en saídas rápidas. O tempo iso si xogaba a favor e íase agontando, chegando sen cambios ao tramo final.
Puido de novo sentenciar o Arosa desde os 11 metros, pero non o conseguiu e tocou sufrir na prolongación para amarrar os puntos. Agora si xa se pode pensar na histórica cita copeira do próximo martes.
Relacionadas:
-
Empate xusto entre Arteixo e Arosa (1-1)
Por Redacción |
-
Triunfo do Arosa para empezar o ano con bo pé (2-0)
Por Redacción |
-
Empate amargo do Arosa ante o Alondras
Por Redacción |
-
O Arosa vende cara a súa eliminación na Copa do Rei fronte ao Valencia (0-1)
Por Diego Espiño |
-
Luisito, ante o partido de Copa contra o Valencia: "De dez partidos nos gañan nove, pero igual mañá tócanos a nós"
Por Redacción |
-
O Pontevedra B neutraliza o Arosa (0-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Bergantiños reduce o Arosa (1-3)
Por Redacción |
-
O Arosa publica o prezo das entradas para o partido de Copa contra o Valencia
Por Redacción |