Arte e tecnoloxía, da man na exposición 'Elas fan tech' na Sala X
Por Redacción
A Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra inaugura este xoves, día 21 de novembro, a exposición 'Elas fan tech', na que un grupo de artistas suscitan propostas que mesturan arte e tecnoloxía.
Os traballos, 11 obras dunha ducia de artistas nacionais e internacionais, poderanse visitar ata o 17 de xaneiro, con nomes como Victoria Diehl, Bego Santiago, Yasmina Morán ou Inés Parcero, formadas na facultade pontevedresa.
Ánxela Caramés, comisaria da exposición, recoñeceu no boletín informativo da Universidade de Vigo que a mostra busca "ofrecer unha imaxe non estereotipada do uso desta ferramenta, que tradicionalmente foi considerada masculina, dado que non se relaciona á muller con traballos tecnolóxicos".
As artistas participantes baséanse, segundo a comisaria, en buscar a interactividad co espectador a través de novos medios electrónicos e dixitais: "hai propostas para tocar un botón, pódese xogar e interactuar e tamén o público pódese mover coa obra".
Fátima Castaño, Lilia Villafuerte, Nuria Cano, Anaisa Franco, Anna Katarina Martin, Francesca Mereu, Mariana Carranza e Chris Sugrue completan a relación de creadoras de "Elas fan tech".