Marwán pon a 'guinda' á revolución cultural do ciclo Guerrilla
Por Redacción
O cantautor e poeta madrileño Marwán puxo o broche de ouro a Guerrilla, o ciclo de cultura social e comprometida que estreou Pontevedra este outono.
Foi cunha actuación no Teatro Principal no que presentou en directo os temas do seu último traballo, un poemario e cancioneiro chamado Una mujer en la garganta.
O público gozou cun espectáculo que, do mesmo xeito que o libro, é unha reivindicación dos amores pasionais e da beleza, pero tamén unha autorreivindicación poética, mundo no que Marwán sente ser un apátrida ao non recoñecerse dentro de ningunha tradición.
A terceira e última xornada de Guerrilla arrancou no Pazo de Mugartegui coa actuación de Vero Rilo, que ofreceu un espectáculo de narración oral.
A continuación, Marwán e Iván Prado falaron sobre a situación de Palestina e da poesía como motor de cambio, xusto antes do concerto do artista madrileño no Principal.