A chuvia tamén goza da espectacularidade dos traxes tradicionais de Sete Espadelas
Por Redacción
O público viuse obrigado a abrir os seus paraugas durante a noite deste venres 1 de outubro para seguir a espectacular pasarela de traxe tradicional de Pontevedra 'Co Pano de Namorar na Faldriqueira', unha proposta da asociación etnográfica Sete Espadelas que conta coa colaboración da concellería de Promoción Económica.
A pesar de que a noite estivo marcada pola choiva, numeroso público achegouse pola Praza de España para ver os cincuenta traxes tradicionais que forman parte da colección da asociación pontevedresa.
Entre as persoas que participaron neste orixinal pase de modelos atopábase a concelleira socialista Yoya Blanco e tamén a súa filla Carmen. A responsable política vestiu un traxe de Melide "de domingar", unha peza de mediados do século XIX. Durante esta exhibición, o público puido comprobar a viveza e a seda dos panos de Manila.
O inicio do acto contou coa actuación da agrupación folclórica Os de Algures, que este domingo celebran o seu décimo aniversario cun concerto no Teatro Principal a partir das 20.30 horas.
Relacionadas:
-
Sete Espadelas obtén oito premios no XLIII Concurso do 'Día do enxalzamento do traxe galego'
Por Anxo Lourido |
-
Os de Algures celebran no Principal unha década de actividades musicais e artísticas
Por Redacción |
-
50 traxes tradicionais galegos desfilarán este venres na pasarela 'Co pano de namorar na faldriqueira'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |