A ópera "I'l cirque d'amore", este domingo nos Concertos en Familia
Por Redacción
O Pazo da Cultura acolle este domingo 20 de outubro, a segunda das actuacións do ciclo de Concertos en familia. Trátase de la ópera I'l cirque d'amore, interpretada pola Butterfly Ensemble e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Será a partir das 18.30 horas. ÿ un espectáculo recomendado para nenos de a partir de 3 e 4 anos e ten unha duración de 50 minutos. Contará ao día seguinte cun pase concertado con centros escolares ás 11:30 horas.
Trátase dun espectáculo moi especial para gozar en familia, xa que é a primeira ópera infantil en galego e que somente contará con acompañamento musical ao vivo en Pontevedra, da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.
Argumento: Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ría dela... Coa axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero conseguirá Micaela ser feliz?
Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, dáse forma a I'l cirque d'amore, onde un pianista, un barítono, e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.
As entradas estarán á venda en www.servinova.com e 902 504 500 a un prezo de cinco euros (tres euros para menores, estudantes, parados e xubilados) e na billeteira do Pazo da Cultura antes do inicio do espectáculo no caso de non esgotarse.