Manuel Pérez Lourido presenta este venres o seu libro 'Quedarse en Pontevedra'
Por Anxo Lourido
Se o xornalista Manuel Jabois escribiu no seu momento unha colección de artigos en Irse a Madrid, outro Manuel que leva por apelidos Pérez Lourido, xoga con ese título para presentar este venres 18, Quedarse en Pontevedra. Trátase dun libro que ofrece unha selección das reflexións bilingües que foron publicadas ao longo de tres anos no blog Galpón das choivas.
A presentación deste traballo do habitual columnista de PontevedraViva será na Galería Sargadelos ás 20 horas coas intervencións do escritor Rodrigo Cota e do xornalista do Diario de Pontevedra, Adrián Rodríguez.
No prólogo, Rodrigo Cota sinala que "lo que tenemos aquí, más que otra cosa, es la manera que tiene Manuel Pérez Lourido de observar el mundo, a veces como si viviera desde fuera y otras inmiscuyéndose en él como partícipe más o menos voluntario y casi siempre escéptico".
En novembro de 2012, o autor presentou o seu poemario Vértebras e lóstregos.
Relacionadas:
-
Éxito da presentación do novo poemario de Manuel Pérez Lourido
Por Mónica Patxot |
-
Manuel Pérez Lourido presenta 'Después daré un grito' este luns 15 na Casa das Campás
Por Redacción |
-
Manuel Pérez Lourido presenta en papel as súas historias cibernéticas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Bos tempos para a lírica de Manuel Pérez Lourido
Por Anxo Lourido |