Manuel Pérez Lourido presenta en papel as súas historias cibernéticas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Conta Manuel Pérez Lourido que pensou en titular o seu libro como o blog no que escribe, Galpón das Choivas, pero o éxito obtido polo xornalista e escritor Manuel Jabois coa súa publicación Irse a Madrid, levou a que Pérez Lourido xogase con ese título e buscase a súa versión localista. "De paso", asegura "intentaba atraer o público de Jabois".
Desta forma, Quedarse en Pontevedra recolle unha selección de relatos que foron publicados no blog e que, en moitos casos, contan con personaxes ou situacións relacionados coa cidade como é o caso da historia de "María, la del Carrillo", a famosa vendedora de chuches da Praza da Ferrería. A selección inclúe relatos escritos en castelán e outros elaborados en galego.
A presentación do libro desenvolveuse na Galería Sargadelos coa presenza de numeroso público. O autor estivo avalado polo xornalista do Diario de Pontevedra, Adrián Rodríguez, e polo escritor Rodrigo Cota que xa participara na anterior publicación de Pérez Lourido, Vértebras e lóstregos, un libro de poemas presentado en novembro de 2012.
O prezo de Quedarse en Pontevedra é de 12 euros.
Relacionadas:
-
Manuel Pérez Lourido presenta 'Después daré un grito' este luns 15 na Casa das Campás
Por Redacción |
-
RADIO.- "Manuel, parabéns polo Nobel... a Bob Dylan"
Por Marisa Ciordia |
-
Manuel Pérez Lourido presenta este venres o seu libro 'Quedarse en Pontevedra'
Por Anxo Lourido |
-
Bos tempos para a lírica de Manuel Pérez Lourido
Por Anxo Lourido |