Noite de estrea cabareteira mundial con Nelson Quinteiro este luns 2 na Ferrería
Por Cristina Saiz & Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A noite do último día de xullo pechábase na praza da Ferrería co espectáculo 'Un cabaré berlinés atemporal', unha montaxe inspirada nos anos 20 e 30 trasladando o centro histórico da cidade nunha viaxe temporal cara a festas de principios do século XX con música, humor e provocación.
A chuvia que se prolongou durante a xornada do domingo obrigou a adiar ao luns 2 a montaxe prevista para pechar o ciclo de 'Cabaré, cabaré!' na Praza da Ferrería. O Concello alertaba ás 19.00 horas deste cambio de data debido á situación meteorolóxica. Por este motivo, a estrea do show será ás 22.00 horas do luns 2.
Trátase do espectáculo 'Fala-me. Trad Cabaré', unha estrea mundial do cabareteiro Nelson Quinteiro, que ofrece unha proposta na que se fusiona o cabaré como xénero coa estética, a música e a danza tradicional galega.
É unha proposta divertida na que non faltan foliadas e regueifas ou referencias á zarzuela. Todo será cunha estética canalla, sensual, provocadora e cargada de fetichismo.
Dentro desa estética veranse instrumentos e máscaras ancestrais realizadas a medida nunha proposta sorprendente do cantante, actor, coreógrafo e bailarín de Cangas do Morrazo, Nelson Quinteiro. A entrada é libre ata completar a capacidade da praza.