Obradoiros infantís, visitas guiadas e viaxes pola ría, propostas para agosto do Museo Massó
Por Redacción
O Museo Massó de Bueu, dependente da Xunta de Galicia, ofrecerá unha programación de actividades durante este mes de agosto coa intención de fomentar a divulgación e o lecer en relación co medio mariño.
O xoves 5 comezarán co obradoiro O mapa do corsario, unha proposta para menores de 4 a 6 anos, que realiza unha análise dos piratas e dos corsos e do papel que realizaron durante o século XIX. O sábado 7 chegará outra actividade para público de seis a doce anos, coa gran batalla de Rande, onde se coñecerán detalles sobre este acontecemento histórico e o mito do tesouro dos galeóns.
O xoves 12, participantes de 5 a 9 anos coñecerán a arqueoloxía subacuática con Os tesouros do galeón. Dous días máis tarde, os menores de 6 a 12 realizarán un taller práctico centrado no xacemento de Pescadoira.
Xa o 19 de agosto, realizarase outra actividade sobre artes de pesca coa elaboración dun peixe con técnicas do origami. O 21 será o momento para menores de entre 4 e 6 anos con Mar á vista.
'Corseando cos bolechas', para menores de entre 4 e 6 anos, e Ex- libris, un taller para personalizar os libros, que se destina a pequenos de 8 a 12 anos serán as actividades previstas para o xoves 26. O sábado 28 ensinarase técnica do gravado sobre goma.
Todos estes talleres iniciaranse ás 12.00 horas.
VISITAS GUIADAS
Tamén se desenvolverán visitas guiadas gratuítas para público xeral durante os domingos 1, 8, 22 e 29 do mes. Será a partir das 12.30 horas cunha duración de sesenta minutos. Non é necesario inscribirse previamente. Os percorridos tamén se realizarán os sábados 7, 14 e 21 ás 22.00 horas, a través da iniciativa Noites de verán.
Nesta proposta, os participantes coñecerán a aventura da conquista do mar durante a época de grandes expedicións marítimas.
Ademais haberá viaxes pola ría a bordo do pesqueiro Chasula, o 5 e o 6 de agosto. Neste caso é necesario inscribirse previamente en www.museomasso.blogspot.com
Relacionadas:
-
Os restos atopados na escavación da Pescadoira serán musealizados nun novo Centro de Interpretación
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra recupera as cifras de visitantes prepandemia
Por Redacción |
-
O Museo abre a exposición 'Mulleres. De Renoir a Sorolla' con medio cento de obras de artistas de renome
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |