A provocación do cabaré adéntrase a partir do xoves no centro histórico
Por Redacción
A partir do xoves 29 de xullo comeza o ciclo que combina espectáculo, música e danza baixo a denominación 'Cabaré, cabaré', dentro das actividades programadas con motivo das Festas de Verán do Concello de Pontevedra.
Entre o xoves e o domingo 1 de agosto, cada día un grupo diferente ofrecerá un pasacalles por diferentes puntos do centro histórico a partir das 12.00 horas. As actuacións serán as seguintes:
- Trad Cabaré Itinerante (29 xullo)
- Unha Cadeira Para Mover o Mundo (30 xullo)
- Cabaredeambulante (31 xullo)
- Valga Jazz & Swing Band (1 de agosto)
Polas noites, os espectáculos terán como escenario a praza da Ferrería a partir das 22.00 horas con esta programación:
- Las Antonias Band (29 de xullo). Esta banda feminina redeseña cancións clásicas a través do humor e de combinacións de estilos.
- Menil Swing Sexteto (30 de xullo). Unha agrupación que contará coa participación de Lucas Tadeo, Iria Pinheiro, Lili Berlín e Nelson Quinteiro para ofrecer gipsy-jazz e jazz-manouche, con novas formas de swing.
- Un cabaré berlinés atemporal (31 de xullo). Esta montaxe ofrece unha recreación do ambiente dos cabarés dos anos 20 e 30 con moita festa e humor.
- Fala-Me. Trad Cabaré (1 de agosto). O ciclo péchase con este espectáculo da Compañía Nelson Quinteiro que relaciona a danza e a música tradicional en directo con xogos de palabras sen que falte referencias ao sexo na poesía tradicional a través de glamour "feito na casa".
A entrada aos espectáculos é libre, cumprindo as normativas sanitarias vixentes.
Relacionadas:
-
As muiñeiras máis cabareteiras sorprenden ao público da Ferrería
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
"Willkommen" ao cabaré da Ferrería
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Espectáculo a pé de rúa co 'Bule Bule Polas Prazas'
Por Redacción |
-
Pol Granch, Café Quijano, Susana Seivane, Piedrahita, Sabela e Los Brincos, estrelas das Festas
Por Redacción |
-
Catorce programas festivos para animar o verán en Pontevedra antes das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |