Carmen Novo: Busco abrir los ojos sobre la desigualdad y la violencia de género
Por Natalia Puga
Ao longo dos doce anos nos que exerceu de fiscal delegada do Servizo de Violencia de Xénero de Pontevedra Carmen Novo Colldefors encontrouse con centos de historias coas que "sentía rabia" e "tenía ganas de hacer algo". A nivel xudicial fíxoo entón. A nivel persoal, acaba de chegarlle o momento. Un compendio de todas elas está no trasfondo da súa primeira novela, que chegou ás librarías a finais de setembro.
"La lucha de una mujer por su vida y su apoyo a las personas que la rodean". Non é a sinopse, pero si unha frase que Carmen Novo considera que define Quiero mi vida. Unha obra que busca entreter o lector, enganchalo coas historias de xente corrente, coa que se sinta identificado, e, ao mesmo tempo, "trasmitir un mensaje", intentar "abrir los ojos a hombres y mujeres sobre las desigualdades y la violencia de género".
Á súa autora non lle gustaría que se encadrase como unha novela para mulleres. Recoñece que "a algún maltratador igual le sienta como un tiro" e un pouco esa era a súa intención, chegar a vítimas que poidan necesitar un pequeno empurrón para dar un paso adiante, a agresores que poidan chegar a cambiar actitudes e a persoas que non se encontran nin nunha nin noutra situación, pero que se cruzan coa violencia de xénero no seu día a día. Aspira a que cando o lector remate de leela, "se plantee si la protagonista es o no una víctima de esta violencia".
Carmen Novo, actual tenente fiscal de Pontevedra, escribiuna pensando nun público sen distinción de sexo, para insistir en que hai "aspectos como la educación y hábitos que tenemos casi todos que no benefician en nada a la igualdad". ÿ que se ten que utilizar un cualificativo para darlle a súa obra é o de "un novela por la igualdad" porque "la violencia de género es, en casi todos los casos, por razones de desigualdad".
Conta a vida de Pilar, unha muller que un día ben puido chegar ao seu despacho na Fiscalía como vítima de violencia de xénero, pero, ao mesmo tempo, as historias entrelazadas das persoas coas que se cruza no camiño, situacións cotiás, que converten Quiero mi vida nunha novela actual e próxima, de ton intimista.
Non quería Carmen Novo que a súa primeira novela se convertese nunha obra densa sobre violencia de xénero. O tema aparece sempre de trasfondo, pero van xurdindo novas vidas, situacións entretidas, reflexións e sentimentos de persoas que van cruzando os seus camiños nunha localidade á que non quixo dar nome, pero que, "sin duda, está en las Rías Baixas". Persoas sinxelas, que están no día a día do lector e que se contan cunha linguaxe sinxela, "casi coloquial" para que "se lea fácilmente".
A fiscal utiliza unha linguaxe sinxela, "casi coloquial" para que "se lea fácilmente"
Editada por Carena, pode comprarse en Pontevedra nas librarías Baroja, Cronopios e Escolma e no resto de España a través de Internet, na Casa do Libro e El Corte Inglés. Cando pasa por un estante e a ve exposta, Carmen Novo emociónase, "siento ilusión, es un sueño cumplido". ÿ ver plasmada unha obra que creceu de afondar nun microrrelato que tiña gardado dende hai un tempo. E tamén unha historia coa que "conviví tantos meses que ya formaba parte de mi vida. Reía, lloraba, me enfadaba. Algunos personajes me fueron guiando, se pusieron nombre y uno hasta se me enamoró solo, sin que le diese permiso".
Pilar, despois de varios anos de matrimonio con José, decátase de que non está satisfeita coa súa vida. Tratará de cambiala buscando un traballo, malia a oposición do seu marido, home autoritario e machista, co que comezan os enfrontamentos, aos que non son alleos os seus dous fillos, María e Gonzalo, que se verán ás veces confusos pola situación que atravesan os seus pais.
A loita pola igualdade non resultará nada doada á protagonista, "como a tantas mujeres que ignoran la importancia de los modelos heredados de un pasado del que no saben cómo desprenderse". Pero Quiero mi vida tamén é unha novela que dá pé á esperanza. De aí o seu título reivindicativo, dunha loita por cambiar as cousas, por remover conciencias.
Relacionadas:
-
8M | As mulleres tamén son máis da metade na Fiscalía de Pontevedra: seis de cada dez
Por Natalia Puga |
-
Carmen Novo: "Non deixarei de ser fiscal, se fose escritora morrería de fame"
Por Natalia Puga |
-
Preséntase en sociedade 'Quiero mi vida', "una historia que ha ocurrido mil veces"
Por Natalia Puga |