80.000 euros en axudas provinciais para as escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobaba este venres as bases para conceder axudas a escolas de música que dependan de asociacións sen ánimo de lucro con sede nos municipios da provincia.
Este ano a cantidade que se destina a este fin alcanza os 80.000 euros e a intención é subvencionar gastos correntes e de persoal que as escolas precisen durante este ano para desenvolver a actividade formativa.
Carmela Silva, presidenta da Deputación, afirma que a proposta busca apoiar ao mundo da cultura e, en particular, á actividade musical ao entender que é fundamental na educación da mocidade. En 2019 beneficiáronse destas axudas 17 escolas de música dos concellos de Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa, entre outros.
Esta concesión de subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva e terase en conta o número de matrículas non curso 2019-20; o número de docentes; os orzamentos de gastos da escola e das especialidades musicais que se imparten.
As asociacións interesadas deberán presentar a solicitude por vía electrónica obrigatoriamente a través dun formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación. O prazo pecharase o 30 de setembro.