Música, teatro, exposicións e contacontos en Cuntis, Caldas e Poio para a segunda semana de agosto
Por Redacción
Ata dez concellos da provincia ofrecen durante esta segunda semana de agosto diversas propostas culturais da Deputación. Con propostas como 'Música non ar', ' Re-acción nos castelos!' e 'Musigal', coas que a entidade provincial quere facer chegar a cultura a todos os recunchos de Pontevedra.
Durante este próximos sete días, o público de Caldas de Reis, Cuntis, Soutomaior, Poio, Mondariz, A Cañiza, Mondariz-Balneario, Vigo, Lalín e Tui poderán participar de eventos musicais, teatrais, contacontos e exposicións.
O Castelo de Soutomaior acollerá o xoves día 13 ás 19.30 horas a representación de óbraa 'Té con Kant' a cargo da compañía Inversa Teatro. Trátase dunha proposta experimental que mestura teatro, filosofía, humor e ironía.
O Mosteiro de Poio será o escenario para un concerto a cargo do quinteto de metais da Orquestra Filharmónica de Pontevedra. Será o venres día 14 a partir das 19.30 horas. Tamén o venres, na Praza da Constitución de Cuntis ofrecerase a actuación de Verbena Galega a partir das 21.00 horas.
O domingo día 16, ás 20.00 horas a Carballeira de Caldas de Reis albergará un concerto da sección de percusión da Orquestra Clásica de Vigo.
Toda a progración cultural que está a ofrecer a Deputación leva a cabo con estrito cumprimento dos protocolos establecidos ante a COVID19, o que supón aforos limitados, uso obrigatorio de máscara e distancias de seguridade.
Relacionadas:
-
'Prendendo butacas' súmase a unha oferta cultural "como nunca houbera" promovida pola Deputación
Por Redacción |
-
Musigal encherá de música as Rías Baixas: Roi Casal en Sanxenxo e 'Son galego, son cubano' no Grove
Por Redacción |
-
Intenso programa cultural e deportivo da Deputación para o segundo semestre do ano
Por Redacción |