Música tradicional, Blues, Jazz ou Flamenco, entre as propostas de 'Música Nova' para esta semana
Por Redacción
A programación de "Pontevedra Vívese", as Festas de Verán, ofrecerá a partir deste luns unha nova oferta musical dentro das propostas que está a pór en marcha nesta singular época. 'Música nova' ofrecerá concertos de bandas galegas de distintos estilos.
Serán dous concertos cada día que estrean espazo escénico dentro da programación: os xardíns de María Victoria Moreno, ademais da Praza da Ferraría.
Para o luns 27 de xullo está prevista a actuación da cantautora MJ Pérez ás 21:00 horas nos Xardíns de María Victoria Moreno, mentres que na Praza da Ferrería ás 22:00 horas actuarán Fransy González e Davide Salvado.
O martes, 28 de xullo, as propostas de 'Música nova' son, para as 21:00 horas nos Xardíns de María Victoria Moreno, Ton Risco e Marcos Teira (Flamenco e Jazz), e para a Praza da Ferrería, Bakin Blues Band, que sairá ao escenario ás 22:00 horas.
Por último, o mércores 29 de xullo a programación rematará coa actuación do Cuarteto Vocal EJAZZ nos Xardíns de María Victoria Moreno ás 21:00 horas e, ás 22:00 horas, na Praza da Ferrería, coa transcantiga electrónica de Laura Lamontagne & PicoAmpeiro.
A programación de "Pontevedra Vívese" complétase este luns con psarrúas polo centro histórico e polo barrio do Gorgullón a cargo da Charanga OT.
Relacionadas:
-
A música clásica chega a vindeira semana á programación de Pontevedra vívese
Por Redacción |
-
Os espectáculos de animación de 'A rebulir!' toman as rúas de Pontevedra a partir do luns
Por Redacción |
-
Mulleres "bravas e loitadoras" ábrense camiño nas Festas de Verán de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
As Noites de jazz xa están aquí
Por Oskar Viéitez |
-
O Burgo celebra o Santiaguiño máis atípico
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
"Pontevedra vívese" estrea 'Artes Vivas', que combina literatura e distintas expresións artísticas
Por Redacción |
-
Un verán cheo de música, arte e espectáculo, que "serven para combater o medo, a tristeza e a melancolía"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As festas de Pontevedra ofrecerán máis de 300 actividades para "volver a vivir a cidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |