Historietas online a través de 'A hora do cómic cultural'
Por Redacción
Conducida por Asier Mensuro, 'A hora do cómic cultural' analiza oito publicacións de banda deseñada postas ao dispor da cidadanía polos seus autores para facer máis levadío este tempo de confinamento.
A partir deste xoves 16 de abril poderanse consultar os cómics de Santiago García e Javier Olivares. Trátase de historias curtas protagonizadas por grandes figuras da arte universal como Picasso, Dalí, Miguel Ángel, Rafael, Bruneleschi ou Torres García.
Asier Mensuro é historiador da arte e o cinema, comisario de exposicións e escritor de ensaio sobre temas relacionados coa cultura contemporánea. En 'A hora do cómic cultural', Mensuro achegará a súa experiencia en todos estes ámbitos para ofrecer un percorrido lúdico pola arte e a cultura reflectida en historietas que viaxan desde a Residencia de Estudantes do Madrid do 27 ata a Valencia do Século de Ouro, pasando pola mitoloxía grega ou a situación actual na franxa de Gaza.
Esta selección de cómics curtos de historia da arte é a segunda entrega do programa 'A hora do cómic cultural'. A primeira, tamén accesible a través de internet, versaba sobre a novela gráfica 'Los caballeros de la Orden de Toledo', unha obra de Juanfran Cabrera e Javierre, que ten por protagonistas a Lorca, Buñuel e Dalí.
A proposta coordinada por Asier Mensuro recoñece tamén a iniciativa de moitos autores de cómic que, de forma desinteresada e gratuíta, puxeron algúns dos seus traballos ao dispor dos internautas para apoiar a campaña #QuédateEnCasa e #YoMeQuedoEnCasa.
Esta iniciativa forma parte do programa online Afundación en casa, impulsado pola Obra Social de ABANCA, onde se recollen máis de 300 recursos accesibles nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.
Relacionadas:
-
'Caramomia' ou como escribir unha novela xuvenil interactiva a oito mans
Por Redacción |
-
‘Afundacion en casa’ ofrece unha conferencia sobre neuroeducación e unha análise de pezas artísticas
Por Redacción |
-
Celebración do Día Internacional da Danza por partida dobre en Afundación en casa
Por Redacción |
-
Unha estudante do IES Valle Inclán crea o Monoponte, a versión pontevedresa do Monopoly
Por Anxo Lourido |
-
Maratón de contos para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |
-
ÁnimoFest2020: festival dixital de música, poesía e humor con selo pontevedrés para dar a benvida a abril
Por Redacción |
-
Humor, rutinas e tips para pasar a corentena: os influencers amenizan o confinamento con numerosas iniciativas en redes sociais
Por Sara Iglesias |