E o público infantil fíxose máis pequeno para viaxar ao centro do corpo humano
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
E se fósemos tan pequenos como para meternos dentro dunha persoa e vivir unha incrible aventura, mentres aprendemos? Pois iso foi o que ocorreu este Domingo no Teatro Principal: a compañía Spasmo Teatro reduciu a todo o público para poder vivir unha extraordinaria viaxe a través do corpo humano.
No patio de butacas houbo gargalladas dos pequenos e maiores, convertidos todos nos primeiros "corponautas". Todo iso mentres aprendían como funciona este incrible circuíto interior, polo que flúe a vida.
Unha proposta de Domingos do Principal que foi valorada como divertida e sorprendente.
Teatro de humor xestual desta compañía salmantina cunha historia propia dunha novela de Julio Verne.
Ao final da función todos puideron saír do corpo humano, pero non diremos por onde.
Relacionadas:
-
Marcel Gross transforma o Principal nun pequeno universo de letras vogais
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'Nómades' protagoniza a primeira xornada de febreiro en Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O 'concerto con fusión' de Píscore anima a xornada dominical no Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A compañía coruñesa Xampatito Pato inicia outra exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Regresan os Domingos do Principal con 7 espectáculos de clown, teatro, música e monicreques
Por Oskar Viéitez |