'Voces ocultas': evento artístico-musical con todo o sentido
Por Cristina Saiz & Redacción
Decenas de persoas encheron o vestíbulo do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra onde as asociacións Amencer-Aspace, Down Pontevedra Xuntos e Amizade ofrecían unha montaxe creativa na que a música, a literatura e as artes plásticas combinábanse para amosar as capacidades de persoas con diversidade funcional e sensorial.
Baixo o título de 'Voces ocultas', esta gala-concerto que conta coa colaboración da Concellería de Benestar Social e o traballo formativo do colectivo Artecalavera e do Estudo Bonobo, coa dirección de Gonzalo Maceira, ofrecía o resultado de traballo de expresión artística que se desenvolve ao longo do ano con 16 persooas con diversas discapacidade.
Este proxecto busca a utilización da musicoterapia para fomentar a capacidade dos integrantes destes colectivos e ofrecer propostas artísticas e escénicas.
Ao longo de 2020 continuarán realizándose actividades cun concerto en xuño no Teatro Principal e unha montaxe audiovisual.
Relacionadas:
-
Voces Ocultas, o cantar sen fronteiras, chegará ao Principal o 2 de decembro
Por Redacción |
-
Amizade pide espazos accesibles para que as persoas con discapacidade gocen dos espectáculos masivos na rúa
Por Redacción |
-
Distribuciones Froiz contrata a dúas persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
Por Redacción |