Novas visitas guiadas á mostra "Galiza, a terra dos mil panos"
Por Redacción
Realizar unha quenda extra de visitas guiadas á exposición "Galiza, a terra dos mil panos" non foi suficiente. O Museo e a Asociación Etnográfica Sete Espadelas acaban de organizar un segundo turno ante o éxito e o desbordamento de público nos percorridos anteriores, cando foi necesario formar varios grupos cos centos de persoas asistentes para coñecer a mostra.
A nova cita, extraordinaria e definitiva, será o vindeiro sábado 31 de agosto e realizarase en dúas quendas, unha primeira ás 10 da mañá e unha segunda ás 12 do mediodía. A novidade é que nesta ocasión será preciso inscribirse previamente no correo gabinetedidactico.museo@depo.es, outorgando as prazas por rigorosa orde de chegada. As solicitudes poderán facerse –indicando preferencia de horario- ata o vindeiro xoves ás 14 horas, e as prazas concedidas comunicaranse o venres día 30.
Como nas anteriores ocasións, o percorrido comentado farano os dous comisarios da mostra, José Luis Rodríguez Álvarez e David Quiñones Vázquez, que explicarán en profundidade e de xeito personalizado a escolma de mantóns e tecidos orixinais utilizados na vestimenta da Galiza dos séculos XIX e principios do XX. O director do Museo, José Manuel Rey, quixo agradecer a súa dispoñibilidade e facilidades para organizar todas as visitas extraordinarias.
É preciso lembrar que todos aqueles que aínda non vistasen a mostra poden facelo tamén de forma libre, mais teñen de prazo ata o vindeiro domingo día 1 de setembro, data na que a exposición pechará definitivamente.
Relacionadas:
-
Sete Espadelas obtén oito premios no XLIII Concurso do 'Día do enxalzamento do traxe galego'
Por Anxo Lourido |
-
Sete Espadelas obtén dous galardóns nos Premios de Investigación Antonio Fraguas na súa XXV edición
Por Redacción |
-
Os traxes tradicionais de Sete Espadelas exhíbense nos escaparates das galerías da Oliva
Por Redacción |
-
O director do Museo diversificará o tipo de exposicións tras o éxito da mostra de Sete Espadelas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Museo amplía as visitas guiadas á exposición 'Galicia, a terra dos mil panos'
Por Almu Dapena |
-
O Museo estrea unha colección que percorre a historia da indumentaria galega dos séculos XIX e XX
Por Redacción |