Neptuno dirixe unha carta nunha botella á xente do Armadiña
Por Redacción
Xosé Constenla foi o encargado este xoves 22 de agosto de dar o pregón que arrincou a edición número once do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia, organizado pola Asociación Armadiña.
Entre outros, Constenla fixo referencia á súa vinculación familiar con Combarro, aos longos veráns que pasaba de cativo na vila ("iso si que era rock and roll") e tamén leu o contido dunha botella que disque atopou no mar horas antes do acto, unha mensaxe enviada polo mesmo Neptuno e dirixida ás armadiñas e armadiños.
O pregón estivo cheo de tintes humorísticos, de emotividade, de reivindicacións e de agradecemento e recoñecemento á asociación do festival polo seu labor a prol da cultura desde o traballo colectivo e unha óptica "contra a turístificación e as fachadas", "desde a cultura e desde abaixo".
Despois do pregón, que se poderá ler nos vindeiros días na páxina da asociación, Constenla ofreceu un concerto no que fixo un repaso pola súa traxectoria musical e despediu o seu disco "Virada por avante". Coa "bughina" xa tocada, o venres 23 e o sábado 24 desenvolverase a principal programación do XI Armadiña Rock.
Relacionadas:
-
A Polcía Local de Poio busca os donos de objetos perdidos nos concertos do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Armadiña reivindícase como festival de referencia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A música dos Heredeiros da Crus enche Combarro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Xosé Constenla, pregoeiro e músico en acústico no Armadiña
Por Almu Dapena |
-
O Armadiña Rock terá dous "Puntos Lila" contra as agresións machistas
Por Oskar Viéitez |
-
Armadiña Rock, un festival artesán que tras once anos aínda trae novidades
Por Oskar Viéitez |