Criaturas fascinantes, Frankenstein e futurismo toman as rúas de Pontevedra con Itineranta
Por Redacción & Mónica Patxot
Catro novas compañías animaron este xoves as rúas de Pontevedra. O festival Itineranta segue facendo as delicias de grandes e pequenos, celebrando ao grande o seu décimo aniversario.
Todo Zancos ofreceu o seu espectáculo Bangaluru Cercavila, que trouxo ás rúas de Pontevedra o festival das flores, co que os hindús celebran a primavera. Foi un show cheo de accións teatrais e circenses, con moita interacción co público.
A continuación, Tiritirantes puxo en escena Ulterior El Viaje, un desfile espectacular no que seis divertidos e simpáticos personaxes viaxan ás cidades cunha familia de fascinantes criaturas de ata cinco metros de altura.
O mito do monstro de Frankenstein, pola súa banda, foi o eixo da proposta de Discípulos de Morais. Con Pákostein, os pontevedreses puideron gozar dunha marioneta de 4,50 metros de altura manexada polos seus catro pais, uns aloucados doutores que querían xogar a ser deuses.
A noite pechouse coa espectacular montaxe pirotécnica que ofreceu K de Kalle, titulado Recyklantex. Apoiado pola música electrónica e a percusión, personaxes do futuro paseáronse polas rúas e prazas de Pontevedra acompañadas do seu gran dragón mutante.
Itineranta concluirá a súa décima edición este venres con catro novos espectáculos.
Relacionadas:
-
Itineranta remata a lume
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os pontevedreses volven deixarse levar por Itineranta: xa está aquí a décima edición!
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Cara a cara: Move o esqueleto con Itineranta
Por Marisa Ciordia |
-
Itineranta celebra o seu décimo aniversario cos dez mellores espectáculos da súa historia
Por Manu Otero |