A cineasta Jaione Camborda impartirá un obradoiro no campus a través de Novos Cinemas
Por Redacción
Novos Cinemas, o Festival de Cinema Internacional de Pontevedra chegará este ano á súa cuarta edición. A organización quere potenciar a formación audiovisual para todas as idades e por este motivo contactaron coa cineasta Jaione Camborda para impartir un obradoiro para o alumnado do campus de Pontevedra.
Esta actividade levará por título 'Habitar un rostro / O xesto dun encontro' e levará a cabo en varias sesións ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro. A proposta tentará incentivar aos participantes na exploración do cinema como unha materia viva no que cobra suma importancia calquera decisión ética e estética que se adopte.
A idea é trabajor desde o punto de vista do retrato na liña do cinema de autor documental e do experimental. Todas as persoas interesadas en asistir deberán cubrir esta ficha de inscrición, que pode atoparse na web www.novoscinemas.com. Dos proxectos que se realicen, Novos Cinemas seleccionará a dez aspirantes para proxectar as súas pezas durante o Festival no mes de decembro.