O teatro de Roberto Vidal Bolaño chega a Pontevedra da man do CDG
Por Anxo Lourido
Pasaron vinte anos da estrea orixinal de Días sen gloria cando Roberto Vidal Bolaño a protagonizaba acompañado por un elenco no que se encontraban actores como Carlos Blanco, María Pujalte, Luis Zahera e Piar Pereira, baixo a dirección de Quico Cadaval. Ningún deles participa na nova versión deste espectáculo que agora o Centro Dramático Galego (CDG) recupera con motivo da dedicación do Día dás Letras a Vidal Bolaño.
Este novo espectáculo está dirixido pola galega Fefa Noia cunha repartición encabezada por Manuel Manquiña coa presenza de Borja Fernández, Felisa Segade, Eva Souto e Sergio Zearreta.
A presentación da montaxe en Pontevedra ante a prensa correu a cargo do director da Axencia Galega dás Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o director do CDG Manuel Guede e o propio Manuel Manquiña que realiza o papel no espectáculo que protagonizaba Vidal Bolaño. Manquiña indicou que coincidiran nos seus inicios teatrais para recoñecer que existían "diferenzas ideolóxicas e filosóficas en vida con Roberto". E engadíu que cando Guede lle ofreceu o personaxe "collín unha responsabilidade moi grande porque quería defender o valor de personaxes con certa xenreira e tamén con humor".
Manuel Guede recoñecía que a montaxe da obra se desenvolveu nun momento económico complicado como cando o autor a puxera en escena por primeira vez en 1991.
Este xoves desenvolverase unha función matinal para escolares no Centro Social de Novacaixagalicia e o xoves 30 ás 20:30 horas, Días sen gloria en versión do CDG poderase ver no escenario pontevedrés. O prezo das entradas sitúase entre 6 e 8 euros. Pódense adquirir a través de servinova.
Relacionadas:
-
Vilagarcía de Arousa acolle a exposición itinerante sobre Roberto Vidal Bolaño
Por Aitana Vidal |
-
Manquiña recrea o Camiño a Santiago visto por Vidal Bolaño, hoxe no Centro Social de Novacaixagalicia
Por Mónica Patxot |
-
"Días sen gloria", a nova representación do Centro Dramático Galego, verase tamén en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |