Elisabeth Oliveira inaugura unha nova edición dos paseos pola Pontevedra literaria
Por Redacción
Co mes de outubro volveron á cidade os paseos pola Pontevedra literaria, unha ruta que este sábado día 6 tivo como protagonista a Elisabeth Oliveira.
"Pontevedra, punto de encontro" era o título da xornada coa escritora, que percorreu cos inscritos os lugares que recolleu nas súas obras.
Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega (AELG), e que contará con continuidade ao longo do presente mes.
Desta forma o sábado 20 de outubro será a quenda de Tamara Andrés con "Espazo do poema" e o día 27 Ana Acuña e Fina Casalderrey percorrerán "A Pontevedra de María Vitoria Moreno".