O Principal volve coa Mostra de Cinema Euro-árabe Amal en Ruta
Por Redacción
O Teatro Principal acollerá a próxima semana -do 3 ao 8 de setembro- a Mostra de Cinema Euroárabe Amal en Ruta, unha escolma do Festival Euroárabe Amal.
Serán seis longametraxes, tres de ficción e tres documentais, un percorrido polo mellor cine árabe de actualidade. Todas as sesións comezarán ás 21.00 horas e a entrada é de balde até completar aforo.
Amal en Ruta é un proxecto itinerante da Fundación Araguaney- Puente de Culturas, unha entidade que dende hai máis de tres décadas ten como fin o achegamento cultural entre o mundo árabe, Hispanoamérica e o noso país a través do patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, de concertos, de coloquios e de outras actividades culturais de diversa índole, entre as que destacan a Semana de Cine Euro-árabe Amal.
O leitmotiv de Amal17 foi a loita: "E ti, por que loitas? 15 anos facendo do cine a nosa forma de cambiar o mundo". Todas as películas de Amal en Ruta representan unha forma de loita que parte da resistencia a aceptar a imposibilidade de desenvolver os nosos proxectos e aspiracións, da resistencia a aceptar o "non". É unha loita construtiva que nos serve como punto de partida para contar a diversidade dunha sociedade, a árabe, que non é está tan lonxe da nosa como algúns cren.
As películas que se proxectarán en Pontevedra son:
- "Wajib" de Anne Maria Jacir (Luns)
- "Gaza surf club" de Philip Gnadt e Mickey Yamine (Martes)
- "Cartas desde Baghad" de Sabine Krayenbuhl e Zeva Oelbaum (Mércores)
- "Eshtebak- Clash" de Mohamed Diab (Xoves)
- "Cairo Jazzman" de Atef Ben Bouzid (Venres)
- "Ali, la cabra e Ibrahim" de Sherif El Bendary (Sábado)
Relacionadas:
-
'Alí, a cabra e Ibrahim' pecha o ciclo de cine árabe Amal en Ruta
Por Redacción |
-
"Cairo Jazzman", un documental político musical
Por Redacción |
-
Un thriller abafante sobre o fundamentalismo islámico chega ao Principal con Amal en Ruta
Por Redacción |
-
Iraq a través dos ollos dunha espía británica
Por Redacción |
-
O ciclo de cinema árabe "Amal en Ruta 2017" trae a Pontevedra sete películas dedicadas á muller
Por Redacción |