Despois de María Victoria Moreno... outra muller para o Día das Letras Galegas 2019?
Por Redacción
O Concello de Pontevedra súmase aos colectivos que apoian que o Día das Letras Galegas 2019 se adique á poetisa e tradutora lucense Xela Arias.
A iniciativa en apoio a Xela Arias púxoa en marcha a plataforma feminista de crítica literaria A Sega, que aposta por nomear como homenaxeada no Día das Letras Galegas 2019, de novo, a unha muller, despois de que este 2018 fora a pontevedresa de adopción María Victoria Moreno.
Desde A Sega apostan pola escritora Xela Arias ao considerar que é unha importantísima figura das letras galegas cun amplo currículo literario como escritora e tradutora. O Concello segue a incidir na necesidade de visibilizar ás mulleres nas letras, e aínda queda moito camiño por andar, a pesar de ter nomeado a María Victoria Moreno para este 2018.
A Sega xa iniciou no 2014 a visibilización de mulleres no eido literario coa celebración do Día das Galegas nas Letras. De cara a esta campaña, puxeron en marcha o cancelo #XelaAriasDLG19 nas redes sociais para sumar apoios á iniciativa.
O colectivo está a difundir carteis cos que tomar fotos para difundir en apoio e en Pontevedra sumáronse o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e os concelleiros Carmen Fouces, Pilar Comesaña e Alberto Oubiña.
Relacionadas:
-
As Letras Galegas recordarán á poeta e tradutora Xela Arias en 2021
Por Redacción |
-
María Victoria Moreno, un referente "que sempre está presente entre nós"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
María Victoria Moreno será a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Unha campaña impulsada desde Pontevedra reclama unha muller para as Letras Galegas 2018
Por Alejandro Espiño |
-
O Día das Galegas nas Letras homenaxea á escritora María Victoria Moreno
Por Redacción |