O Día das Galegas nas Letras homenaxea á escritora María Victoria Moreno
Por Redacción
Pontevedra celebrou este sábado o segundo Día das Galegas nas Letras. Na primeira edición a homenaxeada foi Dorothé Schubarth e neste ocasión o protagonismo foi para María Victoria Moreno.
O acto foi organizado pola Plataforma de Crítica Literaria A Sega e consistiu nun paseo polo parque dos Gafos, previo á celebración dun xantar popular que transcorreu mentres os asistentes podían ver expostas as obras da homenaxeada.
Tras iso, Carmen Penim, Laura Cuba, Cristina F., As Boubas e Habelas Hainas protagonizaron unha homenaxe na que, entre outras cuestións, se sorteou unha boneca de María Victoria Moreno entre os asistentes.
Ademais, "a micro aberto" os presentes fixeron un percorrido pola creación literaria desta profesora que naceu en Cáceres pero que viviu gran parte da súa vida na cidade do Lérez onde participou activamente na vida cultural e política.
Entre a obra de María Victoria Moreno destacan diversas novelas e contos, así como obras de ensaio. Ademais, colaborou en varios libros de texto e dirixiu a colección 'Árbore' da editorial Galaxia.