Siniestro Total, entre as novas confirmacións do Festival Rockin' Vila 2018
Por Redacción
Siniestro Total, a banda coa que naceu "La movida", desembarca por primeira vez no porto de Vilanova. O punk galego dos 80 volve a Ría de Arousa, e non podía ser noutro sitio que no Rockin’ Vila.
Unha lenda viva, que continúa coa mesma ilusión de sempre, demostrando que se pode manter a actividade durante máis de tres décadas sendo fieis aos seus principios.
Xunto a eles estarán no escenario Foxy Freire, unha banda pontevedresa formada por grandes músicos de Jazz como Virxilio da Silva ou Paco Charlín e Rebeliom do Inframundo, que descargarán o seu rap crítico por segunda vez no festival.
Esta nova edición contará tamén cunha ampla programación paralela ás actuacións principais e dirixida a tódolos públicos que se desenvolverá en diferentes espazos da vila, así como unha zona de acampada gratuíta cunha localización privilexiada, ao carón da praia do Terrón.
Polo de agora as entradas para o festival pódense mercar online a un prezo de tan só 15 euros.
O Rockin' Vila anunciou esta quinta edición en marzo, a edición máis grande ata o momento, e comezan forte con tres grandes confirmacións; anunciando a Sés, Terbutalina e Barbitúricos, bandas que porían un pistoletazo de saída a un gran festival, onde terían cabida un feixe de xéneros.
A mellor banda de rock galega según os premios galegos da música 2018, Igmig, encamiñou unha nova rolda de confirmacións xunto cos valenciáns Funkiwis, ademáis de bandas de primeiro nivel do panorama galego como Brinkadelia Troupe, Sondarúa, Kings of the Beach e Aula 11.
Estas son as confirmacións ata o de agora, pero aínda queda por anunciar toda a programación de actividades e moitas sorpresas, que satisfarán as expectativas máis altas.