O Faiado, a nova obra de Teatro Ó Cubo, en Domingos no Principal
Por David Arana
O próximo 4 de marzo chega á Boa Vila unha nova cita co ciclo Domingos no Principal, que esta vez trae un espectáculo dos máis variados e que está dirixido aos máis novos.
A proposta chámase O Faiado e é unha obra traída pola compañía Teatro Ó Cubo e escrita por J. L. Baños de Cos integramente en galego, que segue a tres irmáns con diferentes maneiras de ver o mundo, pero que tras un acontecemento familiar que podería cambiar o curso das súas vidas vense na obrigación de chegar a un acordo e confrontar as súas ideas.
Teatro Ó Cubo é unha compañía que nace no ano 2016 e está formada polos actores Fredi Muíño, Sofía Espiñeira e Roberto Mouriño e polo escritor J. L. Baños de Cos.
Para a posta en escena da ópera prima do escritor, o grupo está dirixido por Pablo Sánchez 'Pablísimo' e nela xúntanse teatro, monicreques, sombras chinescas, baile e canto, provenientes das distintas influencias dos seus actores e un dos puntos distintivos desta compañía de carácter multidisciplinar.
O Faiado terá dous pases o domingo 4 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra, un ás 12:00 e outro ás 18:30 horas.
As entradas están dispoñibles en Ticketea e o seu prezo é de 4 euros máis gastos. En caso de non esgotarse na venda anticipada tamén o estarán na billeteira dúas horas antes de cada pase.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal pecha edición con 544 espectadores de media por sesión
Por Redacción |
-
Domingos do Principal di adeus mergullado no 'Mundo Lirondo'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Este domingo pasámolo no "faiado"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Domingos do Principal revolve conciencias con "Me llamo Suleimán"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Un concerto singular para os máis cativos
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |