The Brahms Proyect, cuarteto de altura no Teatro Principal de Pontevedra
A Sociedad Filarmónica de Pontevedra segue coa súa oferta de concertos para esta tempada. A seguinte cita será o próximo martes 27 ás 20.30 horas, onde se poderá gozar do concerto do grupo The Brahms Proyect.
Este proxecto reúne a catro músicos de relevancia internacional, que ademais da súa carreira como solistas tamén cultivaron a música de cámara como parte fundamental da súa actividade artística. Trátase de Josep Colomé, violinista desde 1981 e membro fundador do Alart Quartet; Juan Luis Gallego Cruz, Premio Sarasate 1998 e profesor de viola no Conservatorio Superior de Música de Aragón, ademais de pertencer ao Trío Arriaga.
O conxunto complétano, por unha banda, David Apellániz, violonchelo solista da Orquestra de Cámara Reina Sofía e compañeiro de Gallego Cruz no trío musical; e por outra, o pianista de proxección nacional e internacional Enrique Bagaría, que compaxina a súa traxectoria musical co seu labor de profesor no Conservatorio Superior de Música del Liceu de Barcelona.
The Brahms Proyect ofrecerá no Teatro Principal de Pontevedra o cuarteto con piano nº 2 de Brahms, e o cuarteto con piano nº 2 de Dvorák. Este concerto brinda unha oportunidade única de gozar de catro grandes intérpretes españois por primera vez xuntos no mesmo escenario.
Relacionadas:
-
A Camerata Arven pon o broche á tempada de concertos da Filarmónica
Por Redacción |
-
Setenta voces e un réquiem
Por Gabriela Varela Asorey |
-
A diversidade, a paz e os novos prodixio, protagonistas do ciclo de primavera da BMP
Por David Arana & María López Verdial |
-
RADIO.- Gonzalo Martínez: "Neste país o ensino de música practicamente non existe"
Por Marisa Ciordia |
-
A Sociedad Filarmónica inicia o luns 23 unha temporada de dez concertos de alta calidade
Por Redacción |