Personaxes "en conflito", protagonistas do novo ciclo de cine do campus de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O campus de Pontevedra pon en marcha un novo ciclo de cine. Baixo o título Polas súas obras coñecerédelos, proxectaranse once películas entre o 19 de xaneiro e o 27 de abril. O seu fío condutor son personaxes que teñen un conflito interno ou que se rebela contra o establecido.
Así, veremos películas de diferentes xéneros e épocas nas que aparecen personaxes ás que os seus códigos éticos e morais lévanos a oporse a algo ou a alguén, personaxes enfrontadas ás normas e formas de proceder de colectivos ou comunidades ou suxeitos inadaptados que tratan de vivir á marxe das convencións sociais.
As películas que se proxectarán son:
- 19 de xaneiro: A forza do destino (1948), de Abraham Polonsky.
- 25 de xaneiro: Os contrabandistas de Moonfleet (1955), de Fritz Lang.
- 2 de febreiro: Grazas por fumar (2005), de Jason Reitman.
- 9 de febreiro: A Fragata infernal (1962), de Peter Ustinov.
- 16 de febreiro: Johnny Guitar (1954), de Nicolas Ray.
- 23 de febreiro: Ataque! (1956), de Robert Aldrich.
- 2 de marzo: Sete mulleres (1966), de John Ford.
- 22 de marzo: O invisible Harvey (1950), de Henry Koster.
- 6 de abril: Gloria (1980), de John Cassavetes.
- 13 de abril: O home vestido de branco (1951), de Alexander Mackendrick.
- 20 de abril: O ano máis violento (2014), de JC Chandor.
A idea do ciclo, que se poderá ver ás 19.15 horas na Casa das Campás, é buscar unha ruta de enlace entre as películas, "puntos en común que nos permitan falar de diferentes conceptos como a inadaptación, das formas de vivir contra o establecido" ou en como ese conflito "fai que o suxeito cambie", engade o programador Jesus Novás.