O Faiado da Memoria ofrece descargas gratis do libro sobre as festas dos maios en Vilagarcía
Por Redacción
A asociación cultural O Faiado da Memoria está a preparar a celebración do seu décimo aniversario, que será o 9 de maio de 2018 e con motivo desta década desenvolvendo actividades quere regalar a todos aqueles seguidores que o desexen un libro dixital que poden descargar, de forma libre e gratuíta, desde o blogue deste colectivo http://www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria/index.php?cod=148061
O libro leva por título 'As Festas dos Maios no Concello de Vilagarcía'. Trátase dun traballo do etnógrafo e gaiteiro Carlos Rey Cebral, compoñente do grupo Vos Terribles de Arousa. É unha reedición e ampliación dun antigo libro publicado en 2006 e que, nesta ocasión conta con máis fotografías do arquivo de O Faiado da Memoria.
No blogue pódense descargar outros traballos de Ricardo Urioste e Román Fernández ou os de Manuel Rey e Juan Buhigas, ademais das bandas sonoras utilizadas nas exposicións, entre outras obras.