Un musical sobre Mary Poppins chega a Pontevedra o sábado 27
Por Redacción
O vindeiro sábado 27 de maio Pontevedra ten unha cita coa produción Mary Poppins, el musical. Representarase na sede Afundación ás 18.30 horas.
As entradas xa se poden adquirir a través das vías habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou no despacho de billetes telefónico a través do teléfono 902 504 500.
O musical rende tributo a Pamela Lyndon Travers, autora da novela Mary Poppins e relata as máxicas aventuras dunha aia un pouco peculiar chamada Mary Poppins.
Está ambientado no Londres do ano 1910 e nunha familia inglesa aparentemente perfecta, de boa posición e respectable. Cando deciden contratar a unha aia para que coide aos seus fillos elixen a Mary Poppins quen, grazas aos seus poderes máxicos, ensinará os valores máis importantes aos nenos coa axuda do seu amigo Bert. As súas intrépidas habilidades lograrán cambiar o seu mundo escuro e aburrido por un paseo de maxia, música e cor.