Achégate ó Sexto! Visitas guiadas ao Museo
Por Redacción
A partir do próximo sábado, 16 de marzo, e ata o 26 de maio, o Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra ten programada a visita comentada "Achégate ó Sexto!", dirixida a todas as persoas que desexen aproximarse ás coleccións que alberga este novo inmoble do Museo.
O percorrido guiado partirá da análise da propia arquitectura para continuar por unha selección das principais obras expostas, realizada en función da súa transcendencia na Historia da Arte, non só no ámbito de Galicia senón tamén nacional e internacional, finalizando na terraza coa vista excepcional dos tellados da zona monumental de Pontevedra.
Esta actividade gratuita realizarase os sábados ás seis da tarde e os domingos ás doce da mañá. Está dirixida a todos os públicos, aínda que o seu enfoque e duración, aproximadamente unha hora e media, a fai máis apropiada para adultos, e os grupos non poderán ser superiores a 25 persoas.
No entanto, é necesario inscribirse previamente no propio Museo chamando ao teléfono 986 804 100, extensión 42413, en horario de mañá, ou enviando un correo electrónico a gabinetedidactico.museo@depo.es
"Achégate ó Sexto!" é unha actividade complementaria do percorrido de carácter xeral titulado "A Ruta do Museo", que se realiza os sábados ás once e media da mañá desde as Ruínas de Santo Domingo.
Para a realización de calquera das dúas opcións será preciso que haxa un mínimo de cinco persoas inscritas.