Milleiros de escolares divírtense con 'Sandra e Meirol en Xistralia'
Por Mónica Patxot
A Sede Afundación Pontevedra acolle desde este luns 6 de febreiro ata o mércores 8 de febreiro, a representación da obra de teatro 'Sandra e Meiro en Xistralia', un espectáculo da compañía Gaiteiros da Xistra, que se inclúe dentro da programación para escolares da área Educativa de Afundación.
Máis de 2.600 estudantes, procedentes de centros escolares da cidade e a súa contorna, participan destas dúas funcións matinais diarias.
A obra está concibida como un reforzo positivo por animar ao estudantado para coñecer e investigar as tradicións que dan forma á cultura galega. Os estudantes aprenderán a comprender a diversidade e consolidará valores como o respecto, a liberdade, a igualdade ou a integridade.