Tok App, a aplicación para conectar os usuarios da Biblioteca de Marín
Por Redacción
A Biblioteca de Marín lanza a aplicación Tok App para os usuarios. Trátase dunha aplicación de descarga gratuíta e instalación intuitiva que permite enviar aquelas mensaxes que se precisen, sen límite de caracteres e poderán incluír imaxes e datos con carteis, vídeos ou fotografías.
Para utilizar este sistema só será necesario darse de alta na propia biblioteca, descargar gratuitamente a aplicación e entrar a formar parte da rede de información Biblioteca, a través dalgún dispositivo de comunicación electrónico.
Con esta aplicación, desde o Concello de Marín buscan achegarse á xente que non usa as redes sociais e que só contan con móbil. A través da app poderán ter coñecemento inmediato das novidades, visitas guiadas ou calquera outra información relacionada coa biblioteca.