Alexander Vórtice presenta no Museo a súa nova novela, 'Crónica de un hombre bueno'
Por Redacción
O salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá este venres 9 de decembro a presentación da novela Crónica de un hombre bueno, do escritor e colaborador de PontevedraViva e outros medios de comunicación Alexander Vórtice.
O acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra ás 20.00 horas, contará coa intervención do propio autor, dos escritores Milagros Bará e José Benito García, do artista Antón Sobral e da xornalista de PontevedraViva Natalia Puga.
Crónica de un hombre bueno é unha novela futurista ambientada no ano 2061, no que o ser humano leva décadas á deriva destruíndo o medio que o rodea e autodestruíndose como sociedade con condutas de falta de respecto á natureza e ao resto de seres humanos e deixándose levar polo consumismo, o individuaismo, o capitalismo.
Unha sociedade morta de principios e ideas propias e controlada por un sistema cheo de inxustizas que conseguiu que as persoas non sexan máis que cordeiros que acatan as normas sen replicar chega ao seu fin o 27 de setembro de 2061 e un só home preséntase como digno salvador dunha purga sanguenta levada a cabo polos homes antorcha, seres vidos das profundidades do planeta para equilibrar un mundo relado polo egocentrismo do ser humano.
Este fío argumental, complemetado polas dúbidas, o terror, os mundos invisibles que habitan ao noso redor e as conspiracións que intentan acabar con toda a Humanidade completan a trama de Crónica de un hombre bueno.
Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979), é poeta, columnista e escritor e, ademais de colaborar en medios de comunicación, escribe en diversos blogs literarios en España e en Sudamérica e xa conta na súa bibliografía con cinco obras anteriores: Destilería Ocaso (2004), Neurosis Tremens (2005), Material de Soños (2008), Dios y Otros Superhéroes (2013) e Atrofiadas as estrelas (2016).
Relacionadas:
-
Alexander Vórtice presenta no Museo a súa nova novela, 'Crónica de un hombre bueno'
Por Redacción |
-
Alexander Vórtice avanza cun tráiler a súa vindeira novela futurista
Por Redacción |
-
'Atrofiadas as Estrelas', versos que nacen de noite fronte a unha sociedade que vive demasiado ás presas
Por Redacción |
-
Vórtice, Deus e outros superheroes
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |