Vórtice, Deus e outros superheroes
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
O escritor pontevedrés Alexander Vórtice presentou (Pontevedra, 1979) o seu primeiro libro de relatos, Dios y otros superhéroes, no Sexto Edificio do Museo ante un centenar de persoas, entre os que non faltaron políticos e escritores.
O columnista de PontevedraViva e Diario de Pontevedra ofrece neste traballo 16 historias cuxo fío condutor é Deus. Segundo o propio autor, "no deberíamos olvidar que todo reside en los pequeños detalles y, sin embargo, buscamos cosas grandes en la vida y de ahí viene nuestra infelicidad". Alexander Vórtice mergúllase así en historias de acotío protagonizadas por personaxes tan insatisfeitos como un zombi, un vampiro ou un home que está a desgusto no paraíso. Todos eles se moven entre o drama, a filosofía, o humor ou a poesía. E é que o autor de Destilería Ocaso, Neurosis Tremens e Material de Soños, as súas tres obras poéticas publicadas ata agora, busca en Dios y otros superhéroes un brote de esperanza en tempos difíciles.
Na presentación, Vórtice estivo arroupado pola bloguera e autora do prólogo, Sylvia Tartán, e pola deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez. Entre o público encontrábanse tamén outros escritores e columnistas como Bernardo Sartier, Manuel Pérez Lourido e o xornalista Alfonso González, ademais de políticos como o voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, acompañado doutros concelleiros do seu grupo como César Abal, Maria José Rodríguez Teso e Miguel Meijón.