O Festival das Cóxegas conclúe este domingo con 'Amour'
Por Redacción
Durante os catro domingos do mes de novembro o escenario do Pazo da Cultura convértese no espazo para a diversión familiar grazas aos espectáculos escénicos que chegan dentro do ciclo Festival das Cóxegas.
Este próximo domingo 27 conclúen as sesións deste ano cunha representación premiada en diferentes festivais. Trátase de 'Amour', de Marie de Jongh, unha obra de teatro gestual, recomendada a espectadores maiores de 7 anos. Será a partir das 18.30 horas no Pazo da Cultura e as entradas pódense adquirir a través da promoción Black Friday a través de Ataquilla.com cunha promoción do 25% de desconto, de forma que o prezo é de 4,5 euros.
A obra logrou os premios FETEN ao mellor espectáculo e o Ercilla á mellor produción vasca, ademais de tratarse dunha montaxe recomendada pola Rede Española de Teatros.
Convida a reflexionar sobre a liña entre a desafección e o amor incondicional, ofrecendo unha visión sobre o encontro entre persoas diferentes e buscando unha liberación dos prexuízos sociais.