Volve o Foro de Arte Contemporánea 'Conversas con Arte' engadindo visitas guiadas
Por Redacción
A próxima semana desenvólvese o IV Foro de Arte Contemporánea Conversas con Arte con inscrición gratuíta e aberto a un máximo de 60 persoas. Nesta ocasión, aos coloquios súmase unha serie de visitas guiadas durante a tarde do mércores 26 baixo o título 'Unha cartografía do sistema artístico galego' con visitas a varias exposicións.
Os tres eixos do debate das sesións que se iniciarán o xoves 27 centraranse en revisar o pasado recente da arte contemporáneo galego, analizar o seu momento presente e profundar nos retos de futuro. O foro está promovido pola Vicerreitoría do campus e a produtora de arte contemporánea Latamuda. Nesta edición quérese ofrecer unha panorámica do sistema da arte en Galicia a través de diferentes axentes, segundo recóllese no DUVI.
Manuel Moldes, un dos artistas fundadores do grupo da década de 1980 xunto a Antón Patiño, Menchu Lamas ou Francisco Leiro, será un dos creadores que participará nas 'Conversas'. Tamén se celebrará unha mesa dedicada a profundar nas "marcas de identidade", que reunirá ao artista e investigador Rubén Ramos, ao comisario Juan de Nieves e ao director artístico da Fundación Laxeiro, Javier Buján.