Redrum Teatro presenta o espectáculo 'Noiteboa' en Ponte Caldelas
Por Redacción
O salón de actos do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas acolle este xoves 25 de agosto, a partir das 22.00 horas, unha representación do espectáculo 'Noiteboa', a cargo da compañía Redrum Teatro.
O espectáculo está protagonizado por Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo sobre un texto da súa autoría compartida con Borja F. Caamaño.
Trátase dunha traxicomedia que transcorre durante a noite do 24 de decembro en Compostela. O roubo do neno Jesús da Praza do Obradoiro provoca unha serie de consecuencias na tradicional cea familiar dos protagonistas.
Por este espectáculo, Mela Casal recibiu o premio María Casares á mellor interpretación feminina protagonista.