Que todas as noites sexan 'Sabineras'
Por Redacción & Diego Torrado
Cando Sabina descansa, os seus músicos seguen de xira. Fano cun espectáculo que chamaron Noches Sabineras, nacido en Barcelona no ano 2006 e que viaxou ao longo destes anos por toda España e Latinoamérica. E este domingo recalou no auditorio de Afundación de Pontevedra, onde se presentou cun gran éxito de público.
Á fronte do mesmo, Pancho Varona e Antonio García de Diego. Ambos son coautores, xunto a Joaquín Sabina, de máis de cen cancións que, na voz áspera do cantautor de Úbeda, convertéronse en clásicos da música española.
A eles sumouse nos últimos meses Mara Barros, unha das voces máis destacadas do país e actual corista de Sabina.
O espectáculo, do mesmo xeito que en todas as súas actuacións, dividiuse en dous partes.
Na primeira, os tres escudeiros de Sabina cantaron parte do repertorio sabinero; na segunda, o público puido subir con eles ao escenario para cantar o tema que elixisen e ser "Sabina por un día".
E o resultado non só gustou ao público, senón aos propios artistas. Na súa conta de Twitter, o propio Pancho Varona destacou que cre que o de Pontevedra foi o mellor concerto que fixeron nos últimos anos.
Creo que hoy en Pontevedra hemos hecho el mejor concierto de los últimos años.
— Pancho Varona (@Panchovarona) 15 de mayo de 2016
La @NocheSabinera viaja.
La Noche Sabinera es diferente.