"Noche sabinera" sen Sabina, o vindeiro sábado en Vilagarcía
Por Redacción
A música e a poesía de Joaquín Sabina chega a próxima fin de semana a Vilagarcía de Arousa a través da súa banda habitual. O Auditorio Municipal acollerá o concerto da "Noche Sabinera", un espectáculo que está a obter un importante éxito na súa xira por España. O concerto será o sábado 19 a partir das 22.00 horas. As entradas pódense adquirir en ticketea ao prezo de 12 e 15 euros.
Pancho Varona e Antonio García de Diego, coautores de máis de cen das cancións de Joaquín Sabina, ofrecerán estes temas sobre o escenario arousán. Temas como "Y sin embargo", "A la orilla de la chimenea", "Contigo" o "Peor para el sol" soarán neste recital. Mara Barros, unha das voces máis destacadas do país e actual corista do cantante de Úbeda.
O espectáculo divídese en dous partes. Na primeira cantan parte do repertorio de Sabina, mentres que na segunda, o público pode subir a cantar con eles o tema que elixan e ser "Sabina por un día".