A primeira exposición en Galicia de fotos de Instagram presume de cidade: #Pontefoto
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Oito usuarios de Instagram da provincia de Pontevedra son os protagonistas da exposición que desde este xoves 14 e ata o 31 de xaneiro pódese visitar na Casa da Luz. Entre todos reúnen máis de 381.000 seguidores e as súas obras recollen diferentes situacións e espazos da cidade.
A comisaria da exposición, Raquel Calviño, indicaba que esta mostra constitúe unha iniciativa nova en Galicia e nela difúndese a imaxe da cidade con doce fotos de cada autor. A organizadora da mostra pasou de 2.000 a 58.000 seguidores cando propuxo esta iniciativa a través da rede social e seleccionou aos creadores que forman parte desta colección de fotos. Cada un destes autores conta cun estilo persoal e recollen desde arquitectura a paisaxe, retratos ou instantáneas de rúa. Os artistas seleccionados son:
@aprendizdeamelie ; Julia Antonio con 24.500 seguidores
@criscostacha; Cristina Costa con 8.395 seguidores
@fontarei; Alberto Reiriz con 50.800 seguidores
@iriuchi_ps; Iria Pesqueira con 66.400 seguidores
@marchi3003; Marcelo Garcia con 12.600 seguidores
@raquelcalvino; Raquel Calviño con 57.800 seguidores
@txomito12; José Ramón Miguéns con 83.00 seguidores
@vicentepillado; Vicente Pillado con 52.900 seguidores
Tamén se elaborou un vídeo, que xa se atopa colgado no Instagram de cada un dos creadores, no que se resume a actividade destes artistas da fotografía nas redes sociais. A mostra atópase apoiada pola concellería de Cultura de Pontevedra.