Ola, acórdaste de min?, Megan Maxwell regresa a Pontevedra
Por Redacción
Megan Maxwell volve a Cronopios Pontevedra este xoves 2 de xullo ás 19:00 horas. A escritora xermano-española de literatura romántica volve un ano despois da súa primeira visita á libraría despois do éxito obtido para asinar e charlar da súa nova novela Hola, ¿te acuerdas de mí?
Megan Maxwell converteuse en tempo récord nun dos nomes máis prolíficos e exitosos do mundo literario.
Grazas á súa saga erótica Pídeme lo que quieras (premiada coas Tres plumas á mellor novela erótica que outorga o Premio Paixón pola Novela Romántica) os seus libros permanecen na lista dos máis vendidos de España durante semanas.
En decembro de 2009 foi elixida polas lectoras do foro romántico Noche en Akmack's como mellor autora española do ano. Un ano despois foi gañadora do Premio Internacional Seseña de Novela Romántica. Detrás deste éxito están as súas "guerreiras", unha auténtica lexión de fans que esperan as súas aventuras novidade tras novidade.
O próximo xoves vén a presenta a súa última novela Hola, ¿te acuerdas de mí? (Esencia, 2015) a súa novela máis persoal xa que para narrar a historia dunha das protagonista se inspirou na vida da súa propia nai.