Jhonander, 'teloneiro' de WarCry na Peregrina; outros quince grupos estarán nos 15 Bolos
Por Alejandro Espiño
Por terceiro ano consecutivo un grupo da escena musical emerxente de Pontevedra será o teloneiro do concerto que abrirá as Festas da Peregrina. Nesta ocasión, a cita será o 8 de agosto coa banda WarCry. Xunto a eles subirán ao escenario da praza de España os pontevedreses Jhonander.
Así o confirmou este luns o Local de Música que, ademais, anunciou tamén o nome dos grupos que participarán este ano en 15 Bolos, unha iniciativa creada para que os grupos de música da cidade poidan actuar en diferentes rúas e prazas da cidade.
Como gran novidade, os concertos, que se celebrarán entre os días 27 e 30 de xullo, suman un escenario máis, a praza de Ourense, e cambian lixeiramente o seu formato. Haberá dous días (27 e 28 de xullo) no que tres bandas actuarán nas prazas da Verdura, Ourense e Méndez Núñez; mentres que nos outros dous (29 e 30 xullo), se organizará un microfestival na praza do Teucro.
O cartel definitivo de 15 Bolos é o seguinte:
Luns 27 de xullo
- 19.00 horas, praza da Verdura: Cora Sayers.
- 20.00 horas, praza de Ourense: La casa de los ingleses.
- 21.00 horas, praza de Méndez Núñez: Rëisk.
Martes 28 de xullo
- 19.00 horas, praza da Verdura: Australia Music.
- 20.00 horas, praza de Ourense: The Soul Breakers.
- 21.00 horas, praza de Méndez Núñez: Marvel.
Mércores 29 de xullo
- 20.00 horas, praza do Teucro: microfestival con AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes e Qué Desilusión.
Xoves 30 de xullo
- 20.00 horas, praza do Teucro: microfestival con AWARE, Enki, Kaootik e Champurrada.
Todos eles foron seleccionados durante unha reunión do xurado que se celebrou o pasado 23 de maio no propio Local de Música.
Relacionadas:
-
Os máis "cañeiros" gozaron con Jhonander e WarCry no primeiro concerto das festas
Por Diego Torrado |
-
Jhonander, a banda pontevedresa que abrirá o escenario principal das festas da Peregrina
Por Redacción |
-
A música 'feita en Pontevedra' dos 15 Bolos despídese ata o próximo ano
Por Diego Torrado |
-
A música dos '15 bolos' faise notar nas prazas da cidade
Por Diego Torrado |
-
900.000 euros, orzamento das múltiples actividades das Festas do Verán que se inician o 10 de xullo
Por Redacción |
-
Abraham Mateo, Luz Casal, Macaco e Sés, estrelas musicais das Festas da Peregrina
Por Redacción |