The Tempest Trío, novo concerto organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra
Por Redacción
Novo concerto da Sociedade Filarmónica de Pontevedra. O Teatro Principal acollerá o próximo martes 30 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, a actuación de The Tempest Trío.
Combinando dominio da técnica, profundidade expresiva e a experiencia na interpretación, o pianista Alon Goldstein, o violinista Ilya Kaler e o violonchelista Amit Peled uníronse para formar un dos tríos máis interesantes da escena internacional. Cada un dos seus membros ten unha exitosa carreira como solista.
The Tempest Trío tocou en diversas cidades de Estados Unidos como Chicago, Baltimore, Seattle, Palm Beach, Spartanburg (Carolina do Sur) e Washington DC.
Ademais, a prestixiosa Four Arts Society invitounos ao Beethoven Festival para interpretar os tríos de Beethoven, así como tamén ofreceron un triplo concerto coa Orquestra Sinfónica de Palm Beach. En xuño de 2013 gravaron para o selo NAXOS os tríos con piano de Dvorák.
En Pontevedra, The Tempest Trío ofrecerá un programa con obras de Rachmaninov, Dvorák e Robert Schumann. Como aliciente engadido, neste concerto Amit Peled tocará un violoncelo Goffriler que pertenceu ao gran violonchelista catalán Pau Casals.