O Liceo Mutante acolle unha triloxía teatral de Mario Iglesias
Por Redacción
O microteatro converteuse nun xénero cada vez máis empregado polas compañías teatrais para ofrecer pezas de pequeno formato directas e intensas. O pontevedrés, Mario Iglesias, apuntouse a esta moda cunha triloxía de microteatro que o propio director de cine escribiu. Trátase do 'Pack Cósmico', unha obra humorística interpretada polos actores Sé Rial, María Salgueiro e Xosé Manuel Esperante.
O espectáculo componse de tres pezas: 'O que ten cú ten medo' no que se retrata os socios internacionais do presidente do goberno; 'A coincidencia cósmica' no que dúas secretarias descobren que fan e din as mesmas cousas e 'O cataclismo', unha historia sobre unha catástrofe que reducirá o planeta a cinzas.
Esta montaxe que presenta Bértola Teatro Desmontable poderase ver o domingo 11 de maio ás 21.30 horas no Liceo Mutante cun donativo para os artistas de 5 euros.