Chega a terceira edición do Galegote Rock
Por Redacción
A Concellaría de Normalización Lingüística volve a organizar o festival Galegote Rock, que este ano chega á súa terceira edición os vindeiros 24, 25 e 26 de abril.
O Galegote Rock é un ciclo de concertos de bandas galegas que busca achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais que cantan en lingua galega.
A programación destes días é a seguinte:
-
Xoves, 24 de abril: No Pequeno Karma. Entrada de balde.
- Banda do Terror ás 22 horas.
- DJ O Xabarín de Bora (clásicos do rock, especial Xabarín) a partir das 00 horas.
-
Venres, 25 de abril: Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros.
- Machina
- Transilvanians
-
Venres, 25 de abril: No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
- Fillo do Fiusa DJ (sesión indie-rock de bandas galegas)
-
Sábado, 26 de abril. Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros
- Frenaso no Calsonsillo
- Familia Caamagno
-
Sábado, 26 de abril. No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
- DJ Nano Vinilo (rock-indie e clásicos de bandas galegas)