John Connor, DJ pontevedrés: "Internet para min foi o 90% do éxito. Deume a vida"
Por Alejandro Espiño
De día, é Jesús Fontanes, un deseñador gráfico de Lérez (Pontevedra). De noite, John Connor, un dos DJ máis prometedores do momento. O por que do seu nome é a única pregunta para a que, asegura, ten unha resposta. "Por Terminator", di entre risas. "Cando era pequeno vin a segunda parte da película. Había unha escena que era que o neno ía na moto e perseguíalles un camión. De música de fondo soaban os Guns & Roses. Acórdome que dixen: John Connor mola. Todos queriamos ir nesa moto con Terminator".
A súa afección polos ordenadores é o que lle descubriu a música electrónica. Malia tocar xa noutros grupos, "quixen facer algo propio, sen influencias externas". De aí empezou a compoñer pequenas pezas ata que, a principios deste ano, editou o seu primeiro disco The Blood, The Sweat, The Tears (Dust&Bones, 2012). O seu traballo acábao de reeditar un selo madrileño, On Work, "en plan grande, subíndoo a iTunes e máis profesional". Agora, o seu reto máis inmediato é promocionalo e conseguir presentalo en directo por toda España.
Agora empezas a facerte un nome como DJ, pero os teus inicios no mundo da música están moi afastados da música electrónica...
E non o deixei (sorrí). Separadamente deste proxecto sigo tocando en grupos de rock convencional. Pero si, empecei tocando a batería en diferentes grupos e aí sigo, pero ao final a un músico o que lle gusta é tocar cousas diferentes. Facer sempre o mesmo sería moi aburrido.
Foi cun deses grupos, The Doorman, cando comezaches a ter os teus primeiros contactos con este estilo de música.
Iso foi un rollito moi pequeno no tempo, pero foi o primeiro proxecto no que me puxen en contacto moi directo coa música electrónica. Foi unha pequena maqueta que saquei con outro compañeiro e foi a primeira vez que producín ese traballo. Eu encargueime de todo o que soaba. Foi o punto de partida serio. Ata aí fixera só cousas de andar por casa.
Acabas de presentar o teu primeiro traballo como John Connor. Un disco que recibiu moi boas críticas da prensa especializada. Esperabas ese recibimiento?
"Cando saquei o disco, non esperaba este éxito. Para min xa foi unha vitoria que me dixesen de sacalo"
ÿ algo que me sorprendeu. Cando o saquei, non esperaba iso. Para min xa foi unha vitoria que me dixesen de sacalo. Creei o disco para telo eu. ÿ ese momento no que fas algo que che gusta, pero non sabes se á xente vaille a gustar. Empecei a ver que publicacións especializadas e webs, xente que en teoría leva moito máis tempo que ti facendo música electrónica, dinche que lle gusta o que fas, foi toda unha grata sorpresa.
O disco chámase The Blood, The Sweat, The Tears (Sangue, suor e bágoas). ÿ unha metáfora do que che custou chegar ata aquí?
Un pouco si. Era un título que me gustaba, pero reflicte que para conseguir unha cousa que merece a pena, hai que traballalo moito. As cousas que chegan sen facer nada, non as saboreas igual. Para terminar este disco, estiven moito máis tempo do que esperaba. Estiven moitos meses. Foi un proceso bastante frustrante, porque ás veces quedábame nun punto morto e volvía para atrás e parecía que non ía terminar nunca. E días que facía cousas que me gustaban moito e ao día seguinte, non me gustaban nada. Cando o terminei sentín a sensación de que me custou sangue, suor e bágoas.
Dáme a sensación de que a esa percepción tamén axuda que sexan tan perfeccionista, como ti mesmo recoñeces
Si, pero con todo, non só coa acústica. Cando producía hai anos, o primeiro que saía, gustábame e xa está. Non me paraba en ver se se podía mellorar. Agora doulle mil voltas a todo. As cousas cambian de cando estás oito horas diante dun ordenador e paréceche que está moi ben, porque xa non sabes o que estás facendo. Se o escoitas un par de días despois máis relaxado, ves as cousas máis claras. E aí é onde ves se facías ben as cousas.
"Estiven nun bucle do que non saía. Eu creo que a culpa son dúas ou tres cancións que me querían mal"
Con ese proceso creativo, tardaches moito tempo en compoñer o disco?
En compoñelo foi medio ano, pero había cancións que dunha tirada saían e gustábanme e outras que non as daba acabado. Quería incluílas porque me gustaban, pero non era capaz de terminalas. Estiven nun bucle do que non saía. Eu creo que a culpa son dúas ou tres cancións que me querían mal.
Como describirías este disco?
Realmente fixen o que me apeteceu en cada momento. Como tampouco me gusta un estilo de música en concreto, non fixen un disco dun estilo de música. O nexo de unión entre todo o disco é a música electrónica, pero dentro de aí, hai baterías analóxicas, guitarras hai un pouco de todo. O resumo é ese, que todos os estilos de música que me gustan acabaron plasmados no disco.
O que é indubidable é que, para poder dar a coñecer o teu traballo, a plataforma que Internet ofrece aos artistas electrónicos foi determinante
Non creo que só para a música electrónica. Internet ábreche moitas máis portas das que che pode pechar. ÿ unha porta aberta na que se tes un mínimo de talento, non dependes de terceiros. Ti mesmo podes chegar a moitos máis sitios que antes. Antes mandabas as cintas de cassette ás discográficas e nunca chamaban. Agora con Internet podes chegar á xente e que che coñezan. Para min foi o 90% do éxito. Deume a vida.
E para presentalo en directo tendes as mesmas facilidades?
Pois pasa o contrario que con Internet. Os clubs teñen as portas pechadas a xente que non coñecen. Ata certo punto é lóxico. Non deixa de ser un negocio de alguén que ten que pagar as súas facturas. Arriscarte por unha persoa, que aínda que che guste a súa música, non sabes se a xente vai ir a velo, é complicado. Apostan máis por artistas que xa saben que lle van a encher a sala ou ter unha boa entrada. Ese é o tira e afrouxa.
Agora co disco xa na rúa, cales son as túas perspectivas de futuro?
"Espero que pase unha tempada sen gravar outra cousa. O que me apetece agora é tocar"
Menos gravar un disco outra vez (rise). Espero que pase unha tempada sen gravar outra cousa. O que me apetece é tocar. Presentar o disco e intentar, dentro dos límites que temos, dalo a coñecer ao maior número de xente. E intentar presentalo en directo, que tampouco é moi fácil tal e como están as cousas. Todo o que veña, será ben recibido.
E compaxinalo co teu traballo, imaxínome
Claro, aínda que ás veces non é fácil. Un deseñador gráfico pasa o día diante do ordenador e logo como músico, o mesmo. Aínda que sexa diferente, chegas a odialo. Como son dúas cousas que te gustan, no fondo lévalo con calma. Ás veces te divorcias unha tempada da música e a deixas aí. Do deseño gráfico non podo, porque tes que vivir. Non te podes librar.